Coincidindo coa nosa posta en escena no primeiro trimestre, a nosa representación teatral, as profesoras traballaron connosco o teatro e comentamos as seguintes obras: A sala de espera, de Xosé Vázquez Pintor e O enfermo imaxinario, versión de Eduardo Alonso e Manuel Guede.
viernes, 29 de enero de 2016
miércoles, 27 de enero de 2016
4º Reunión do grupo "Merlín e familia"
O luns 25 de xaneiro iniciamos as xuntanzas deste ano do
grupo “Merlín e familia”.
Os comentarios sobre a obra de M. Remoinez, O Club da calceta, ocuparon a
meirande parte do tempo: a historia de seis mulleres prisioneiras da súa
realidade, como a calceta marca o cambio de actitude, o seu proceso liberador e, ademáis, constitúe o elemento de unión entre elas.
Estes comentarios estiveron acompañados dunha merenda que enriqueciu,
ainda máis, a reunión.
O vindeiro 22 de febreiro opinaremos sobre a obra de J.M. de
Vasconcelos, A miña planta laranxa
lima.
Iniciamos 2º Trimestre. Calendario dodecaedro 2016
Xa estamos de novo
aquí! Comezamos novo trimestre e estreamos un novo ano con vós.
Para comezar o
segundo trimestre os nosos alumnos convidaron o profesor Severino, que compartiu
connosco dúas xornadas do club. Severino sorprendeunos cunha actividade moi interesante e moi divertida.
Observou que non tiñamos todavía na nosa Biblioteca o calendario de 2016 e, despois de comprobar ou máis ben de recordarnos os nosos coñecementos de xeometría, propúxonos facer un dodecaedro calendario para que non falte na nosa biblioteca o calendario deste ano.
Observou que non tiñamos todavía na nosa Biblioteca o calendario de 2016 e, despois de comprobar ou máis ben de recordarnos os nosos coñecementos de xeometría, propúxonos facer un dodecaedro calendario para que non falte na nosa biblioteca o calendario deste ano.
Algúns pasos custáronnos
mais...tiñamos que estar moi atentos, pero acompañábanos tamén o profe Enrique
que nos axudou moito para que todo
saíse ben.
Agradecemos aos profes que pasasen
connosco estas dúas xornadas.
Gracias por vir profes! Esperámosvos pronto no noso club!
jueves, 24 de diciembre de 2015
Bo nadal!
Desde o club de lectura desexámosvos un Bo nadal.
Vémonos pronto no noso club de lectura.
"Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro"
Emily Dickinson
domingo, 20 de diciembre de 2015
Un paseo pola historia
Os nosos alumnos demostraron que son uns profesionais e o día 18 no Pazo da Cultura de Carballo
representaron a obra “Un paseo pola historia”.
Eles gozaron moito e fixéronnolo
pasar moi ben.
As nosas felicitacións
mozos!
martes, 15 de diciembre de 2015
3ª Reunión Grupo "Merlín e Familia"
O
14 de decembro o Grupo "Melín e familia" reuniuse para
comentar a obra de A. Christie, Dez
negriños.
Con
esta obra, fundamental na literatura detectivesca, conmemoramos o 125
aniversario do nacemento da autora.
A
vindeira xuntanza será o 18 de xaneiro, ás 18:45 horas, e a lectura
seleccionada polo grupo é O
club da calceta de
María Reimóndez.
Día dos dereitos humanos
Con motivo do día dos Dereitos Humanos decidimos observar o libro ilustrado, A Historia de Erika que narra a historia dunha sobrevivente do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se librou cando tiña tan só uns meses de vida. É un libro que nos emocionou a todos profes e alumnos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Rematamos os nosos encontros literarios coa lectura de Fahrenheit 451, de Ray Bradbury. Reflexionamos sobre a importancia da Literatura ...
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
Desta volta o libro elixido foi O diario de Carlota , de Gemma Lienas. Trátase dun diario no que a protagonista de catorce anos reflexiona,...









