viernes, 16 de junio de 2017
jueves, 15 de junio de 2017
Oitava xuntanza do grupo “Merlín e familia”
“Detrás de
cualquier éxito profesional hay siempre una persona que no se ve, pero sin cuya
dedicación sería imposible desarrollar a fondo una labor creativa”
Szabo,
M.- La puerta
O pasado 12 de xuño
o grupo “Merlín e familia” celebrou a última xuntanza deste curso. Analizamos La puerta, novela da autora húngara
Magda Szabo.
O concepto da
amizade por riba das barreras sociais, a dependencia, a dominación, etc, e unha
porta cuxa apertura pon o auténtico final a esta obra.
A boa acollida
desta lectura fixo que outras obras desta autora despertasen o noso interese:
La balada de Iza
Calle Katalin
A lectura proposta
para o verán será Ilustrísima de Carlos Casares, Letras Galegas 2017.
Bo Verán e ata o
vindeiro curso!
lunes, 12 de junio de 2017
Portugués
Este luns, o alumnado do club de lectura, gozou da lectura do libro ilustrado Achimpa da ilustradora portuguesa Catarina Sobral.
Ana Gravata, profesora de portugués da UDC, acompañounos este día e leunos o libro en portugués. Tamén aproveitamos para preguntarlle cuestións da lingua portuguesa, tan próxima á nosa lingua.
Grazas por acompañarnos Ana!
jueves, 18 de mayo de 2017
viernes, 28 de abril de 2017
Actividade extraescolar
O día 27 de abril o clubiblioneme realizou unha excursión á A Coruña para visitar o Arquivo Histórico de Galicia e a exposición de Urbano Lugris, realizando a actividade "Restaurando a Lugrís". Foron unhas actividades moi interesantes.
martes, 25 de abril de 2017
Séptima xuntanza do grupo “Merlín e familia”
“Eu son os libros que
lin”
Agustín Fernández Paz
Dentro das
actividades para homenaxear ao escritor, Agustín Fernández Paz, os membros do
grupo “Merlín e familia” comentaron, o pasado 24 de abril, a novela Non hai noite tan longa.
Destacamos como o
autor consegue manter o inerese do lector. Ademais, sorprendiunos unha temática
que mixtura a vinganza e a esperanza, a xustiza e un futuro que libera das
pantasmas do pasado.
Na vindeira xuntanza,
o 12 de xuño, analizaremos La
puerta, novela da autora húngara Magda Szabo.
Boa
lectura!
lunes, 24 de abril de 2017
Festexando o Día do libro
O alumnado do Club de Lectura elaborou o material que serviu para decorar o corredor do Centro para conmemorar esa data.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Rematamos os nosos encontros literarios coa lectura de Fahrenheit 451, de Ray Bradbury. Reflexionamos sobre a importancia da Literatura ...
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
Desta volta o libro elixido foi O diario de Carlota , de Gemma Lienas. Trátase dun diario no que a protagonista de catorce anos reflexiona,...










