jueves, 23 de diciembre de 2021

3ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

“Propoño ao lector un desprazamento polo tempo, para comprender o que está sucedendo no presente, neste caso hai que viaxar ao pasado para desvelar un segredo arredor de Rosalía de Castro.”

                                                                        Pedro Feijoo

O 20 de decembro reuniuse o grupo “Merlín e familia” co propósito de comentar a obra de Pedro Feijoo, A memoria da choiva.

Todos os membros do grupo coincidimos en que é unha obra moi entretida e que mantén, como boa novela policíaca, a intriga de forma moi efectiva. Mais, a sua orixinalidade establécese polas referencias á literatura (poemas de Rosalía de Castro enviados aos protagonistas) e polas localizacións, nada casuais, en Compostela.

“Aqueles foron anos bárbaros, meu amigo. A brutalidade do Réxime acabara prácticamente con todo o que algún día fora noso, e agora necesitaba apropiarse do pouco que quedase en pé. Rosalía, con todo o que puidese representar, era daqueles poucos símbolos identificadores que aínda permanecían na memoria do pobo, e como tal cumpría apoderarse del. (…)”

                                                      Feijoo,P.- A memoria da choiva

En definitiva, unha obra que dá paso á lectura doutras novelas deste autor.

Xuntarémosnos o vindeiro 1 de xaneiro para falar dos Cuentos de Eva Luna de Isabel Allende.

martes, 21 de diciembre de 2021

Reflexións lectoras: falamos de libros

 O 20 de decembro, os membros do grupo “O monte dos libros” comentaron as lecturas deste trimestre. Aquí tedes algunhas das súas opinións.

Alba, Uxía e Kevin entusiasmáronse coa lectura de Contos para nenos peculiares. Sinalaron que, sendo relatos estranos e marabillosos, esconden moitas verdades.

A memoria dos paxaros foi a obra escollida por Nerea e Uma. Nesta uns fenómenos estranos poñen de relevo a perda dun patrimonio cultural que pertence a tod@s nos.

Adriana e Alba divertíronse coa primeira aventura dos Minimortos. Quen dixo que medo e humor non se poden misturar?

Para Carme, Natalia e Eva as diferentes formas de afrontar os medos interiores é o que destacan da obra Medos de Héctor Carré.

jueves, 25 de noviembre de 2021

2ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”


“Bernarda.- Aquí se hace lo que yo mando. Ya no puedes ir con el cuento a tu padre. Hilo y aguja para las hembras. Látigo y mula para el varón. Eso tiene la gente que nace con posibles.”

F. García Lorca.- La casa de Bernarda Alba

Novembro e teatro van da man no grupo “Merlín e familia”. Así, a lectura comentada o 22 de novembro, na 2ª xuntanza deste grupo, foi La casa de Bernarda Alba de Federico García Lorca.

Obra moi valorada polos membros do grupo, foron moitas as reflexións que apuntaron á visión que ofrece da muller, da época e do ambiente no que se desenvolve a acción.

Reflexionamos sobre o costume antropolóxico do “loito” e relacionámolo coa realidade galega.

Emplazamos ao grupo para o 20 de decembro coa lectura A memoria da choiva de Pedro Feijoo.

martes, 9 de noviembre de 2021

Participación do Grupo “ O monte dos libros” no XX Concurso Escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís.

Os membros do grupo “ O monte dos libros” participaron no XX Concurso Escolar Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Este ano, pola Covid-19, o concurso celebrouse a través do envío de vídeos e os grupos finalistas gravarán a súa lectura dramatizada nos estudios de Radio Voz.

“Neme Teatro” (alumnas do Grupo “O monte dos libros do CluBiblioneme”: Sara Abelenda Costa, Carme Cebey Rega, Natalia García Hurtado de Mendoza e Eva Viaño Vázquez).

Pódes escoitar a súa dramatización da obra A sorte no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=IUVQys4CUBg


“Os teatreiros do Monte Neme” (alumnado do Grupo “O monte dos libros do CluBiblioneme”: Adriana Antelo García, Nerea Antelo Benítez, Alba Eirín Castillo, Uma Eirís Ferreiro e Kevin Pallas Cebral).

Pódes escoitar a súa dramatización da obra O xuízo de Roxelio Pardiñas “O cucutruxo” no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=Yf5_Z2Wq7dQ

miércoles, 27 de octubre de 2021

1ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”

O grupo “Merlín e familia” inicia as súas actividades recuperando as reunións presenciais.

Este curso o grupo está integrado por:

• Marga Carballido Novo (familiar).

• Consuelo Gago Bello (familiar).

• Celeste Lago Bello (familiar).

• Vanesa López (familiar).

• Catalina López Pérez (profesora).

• Dolores Míguez Benítez (familiar).

• Gema Reino Rodríguez (familiar).

• María Rodríguez (familiar).

• Mercedes Rodríguez (familiar).

• Pilar Serrano Cela (coordinadora-profesora).

O 24 de outubro reunímonos para compartir as “experiencias lectoras” do verán e concretar o itinerario lector deste trimestre. 

Aínda que o curso pasado o grupo mantivo reunións virtuais, o encontró deste día foi especialmente emotivo. 

A vindeira reunión será o luns 25 de novembro. Analizaremos o drama de Federico García Lorca, La casa de Bernarda Alba.

miércoles, 20 de octubre de 2021

Inicio das actividades do grupo “O Monte dos Libros"

 O luns, 18 de outubro, o grupo “O Monte dos Libros” iniciou as súas actividades.

Este curso os integrantes son:

1º ESO

Adriana Antelo García

Alba Lamas Suárez 

2º ESO

Nerea Antelo Benítez

Uxía Carracedo Carracedo

Alba Eirín Castillo

Uma Eirís Ferreiro

Kevin Pallas Cebral

4º ESO

Sara Abelenda Costa

Carme Cebey Rega

Natalia García Huratado de Mendoza

Eva Viaño Vázquez 

Este curso continuaremos co Radio Teatro. Realizaremos unha selección de lecturas que os membros deste grupo transformarán en pezas radiofónicas e, posteriormente, serán gravadas na radio do centro. Ademais, paticiparemos con estas gravacións no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, XX Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”.

 As propostas lectoras deste grupo para o primeiro trimestre son:

Lecturas terroríficas

-Costas, Ledicia.- Os Minimortos. Benvido ao Outro Barrio

https://www.xerais.gal/libro.php?id=6353039

-Riggs, Ransom.- Contos para menos peculiares

https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/contos-para-nenos-peculiares/

-González Costa, Teresa.- A memoria dos paxaros

https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092442

-Carré, Héctor.- Medos

https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092317