viernes, 20 de diciembre de 2019

“ O monte dos libros”. Lecturas do primeiro trimestre

As lecturas do primeiro trimestre tiveron gran aceptación entre @s integrantes do grupo “O monte dos libros”. Unha mostra a temos nesta reseña sobre A maldición de San Brandán, de Paulo Calvo, que nos ofrece Jesús Manuel Rey Gómez (3ª ESO B).
Moitas Grazas.


A maldición de San Brandán é unha obra relativamente breve, na que o lector se ve atrapado dende o inicio. Está formada por tres historias atemporais nas que un obxecto pasará de man en man, sen deterse nin un momento,todos o desexan e ninguén o logra manter. A construción dos personaxes vaise facendo máis evidente conforme avanza a trama, nas poucas pinceladas da realidade que nos deixan observar, estes vanse desenvolvendo cunha soltura perfecta, case imperceptible, na que as súas motivacións ―e a dos seus inimigos, por moi desapercibidos que logren pasar― vanse evidenciando cada vez máis, primando o ben propio antes do común. É unha novela de intereses e conflitos, de destinos cruzados que buscan rematar nun común, onde a cobiza dos homes manipula a toda a humanidade ―ou parte, depende do punto de vista―, e poida que todo non sexa tan fermoso como aparenta.”


Jesús Manuel Rey Gómez

No hay comentarios:

Publicar un comentario