O 30 da xaneiro conmemoramos o Día da Paz e da Non Violencia coa lectura, e posterior análise, do álbum Caixa de cartón de Txabi Arnal. A esta actividade asistiu o alumnado de 2º ESO e do Club de Lectura.
O obxectivo desta proposta foi reflectir a necesidade de educar na tolerancia, o respecto e a solidariedade para lograr convivencia en PAZ.
jueves, 30 de enero de 2020
miércoles, 8 de enero de 2020
Representación teatral Nadal 2019
O venres, 20 de decembro, celebrouse, no Salón de Actos do IES Monte Neme, o Festival de Nadal 2019. Neste acto, o grupo "O monte dos libros" do CluBiblioneme representou a obra Supéndese a función.
Queremos agradecer e destacar o traballo realizado por este grupo de xóvenes actores e actrices, que, con entusiasmo, constancia e ledicia, nos ofreceron unha excelente representación.
Noraboa
viernes, 20 de diciembre de 2019
“ O monte dos libros”. Lecturas do primeiro trimestre
As
lecturas do primeiro trimestre tiveron gran aceptación entre @s
integrantes do grupo “O monte dos libros”. Unha mostra a temos
nesta reseña sobre A maldición de San
Brandán, de Paulo Calvo, que nos
ofrece Jesús Manuel Rey Gómez (3ª ESO B).
Moitas
Grazas.
“A
maldición de San Brandán é unha obra
relativamente breve, na que o lector se ve atrapado dende o inicio.
Está formada por tres historias atemporais nas que un obxecto pasará
de man en man, sen deterse nin un momento,todos o desexan e ninguén
o logra manter. A construción dos personaxes vaise facendo máis
evidente conforme avanza a trama, nas poucas pinceladas da realidade
que nos deixan observar, estes vanse desenvolvendo cunha soltura
perfecta, case imperceptible, na que as súas motivacións ―e
a dos seus inimigos, por moi desapercibidos que logren pasar― vanse
evidenciando cada vez máis, primando o ben propio antes do común. É
unha novela de intereses e conflitos, de destinos cruzados que buscan
rematar nun común, onde a cobiza dos homes manipula a toda a
humanidade ―ou parte, depende do punto de vista―, e poida que
todo non sexa tan fermoso como aparenta.”
Jesús
Manuel Rey Gómez
3ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”
“Quen era eu se
non un mísero taxista ao que lle pracía ler novelas e fedellar
polas corredoiras en nimiedades propias de xentes en común? Pero
enlear cun sarillo así, nada menos que resolver a papeleta de se un
alto personaxe da política galega está ou non relacionado cos nazis
de despois das guerras, semellaba unha tarefa para mentes máis
lúcidas, (…)”
Quiroga,
X.- Izan o da saca
Izan o da saca,
novela de X. Quiroga, foi a lectura que centrou o debate na 3ª
xuntanza, o 16 de decembro, do grupo “Merlín e familia”. Acción,
thriller, novela negra e histórica rememora un pasado que transcorre
entre a Guerra Civil e a Posguerra.
O 20 de xaneiro
xuntarémonos para analizar a obra de Laetitia Colombani, La
trenza.
jueves, 5 de diciembre de 2019
"Comenzan os ensaios"
O grupo "O monte dos libros" iniciou os ensaios da obra que representará no Festival de Nadal. Os membros do grupo, moi implicados, están disfrutando moito con esta actividade.
martes, 19 de noviembre de 2019
2ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”
“A felicidade non existe. O único que existe é o desexo de ser feliz.”
Antón Chéjov
“É necesario que na escea todo sexa tan complexo e tan sinxelo como na vida”
Antón Chéjov
martes, 29 de octubre de 2019
1ª xuntanza Grupo “Merlín e familia”
O luns, 28 de outubro, o grupo “Merlín e familia” iniciou as actividades deste curso. A valoración das lecturas do verán e as recomendacións lectoras foron os temas tratados nesta reunión.
Este curso o grupo está integrado por:
-Marga Carballido Novo (familiar).
-Laura Cortiñas Pérez (profesora).
-Consuelo Gago Bello (familiar).
-Celeste Lago Bello (familiar).
-Cruz Lema Álvarez (familiar).
-Dolores Míguez Benítez (familiar).
-Sonia Otero (familiar).
-Gema Reino Rodríguez (familiar).
-Francisco Rivera Crespo (profesor).
-María Rodríguez (familiar).
-Pilar Serrano Cela (moderadora).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Rematamos os nosos encontros literarios coa lectura de Fahrenheit 451, de Ray Bradbury. Reflexionamos sobre a importancia da Literatura ...
-
O pasado 31 de outubro reuníronse, por primeira vez, os membros do Grupo de adultos do noso Club de lectura. Membros do Grupo adulto...
-
Desta volta o libro elixido foi O diario de Carlota , de Gemma Lienas. Trátase dun diario no que a protagonista de catorce anos reflexiona,...








